

Sobre o Centro Galego de Londres
O Centro Galego de Londres creouse no ano 1968 co nome de Sociedade Cultural Recreativa Rosalía de Castro, comezando a recoñecerse como Centro Galego un ano despois, sendo Marcial Folgueiras membro fundador e o primeiro presidente da entidade.
​
En 1977, o Centro Galego presenta a súa primeira sede oficial aberta ao público, aínda que tivo que esperar ata o ano 2004 para ter un local en propiedade.
​
En 2019, recibiu a medalla do Parlamento de Galicia á emigración galega como membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.
​
A sede da asociación está situada ao noroeste da cidade. Ten un bar, un restaurante e unha sala de reunións/biblioteca. Proximamente, inaugurarase unha nova sala polivalente que pretende dar cabida a todo tipo de actividades.

Un centro con máis de 50 anos de historia
O primeiro Centro Galego, que entón se chamaba “Club Rosalía de Castro”, tivo o seu primeiro local social en Shirland Road, nun primeiro piso dun bar público e pagaba 5 libras cada domingo. Alí xorde a Orquestra Galicia formada por músicos pertencentes ao centro.
​
Axiña este primeiro local quedou pequeno para acoller a tanta xente e chegouse ao acordo de moverse para Notting Hill Gate.
​
Desde 2004, o centro conta con instalacións propias (bar/restaurante, biblioteca polivalente e despachos) en 869 Harrow Road, Parsons Green NW10 5NG.
​
En 2019, celebrou o seu 50 aniversario co brexit como pano de fondo. Na actualidade, está a tentar reorientar a súa actividade a esta nova realidade.


O centro galego na actualidade
O Centro Galego de Londres está rexistrado como organización benéfica na Charity Comission, co número 1183657.
​
Os seus fins son fomentar e manter os vínculos sociais, culturais e económicos con Galicia e o seu pobo para promover a lingua, patrimonio, cultura e artes galegas; a través da oferta de música, danza, actuacións públicas, conferencias e outros eventos.
​
En definitiva, difundir a cultura galega en todos os aspectos, apoiando o seu coñecemento e colaborando coas asociacións que promovan Galicia e a súa cultura.
