top of page
Servilleta de tela

Socios

O número de socios/as é ilimitado, e poderán ser membros todos os galegos/as e non galegos/as que residan no país, cunha porcentaxe de 70% galegos/as e un máximo de 30% non galegos.

​

Clasifícanse en catro categorías:

​

  • Honra: aquelas persoas acredoras dun servizo distinguido e extraordinario.

  • Protectores: aquelas entidades ou persoas que colaboren economicamente co centro.

  • Beneficiarios: aquelas persoas que teñan a condición de xubiladas ou outra similar, sempre que teñan unha antigüidade dun mínimo de 3 anos.

  • Activos: aquelas persoas que estean ao corrente das cotas establecidas.

Reunión de grupo

Dereitos e deberes do socio/a

Todos os membros, en virtude da súa participación na organización, contan cunha serie de dereitos e deberes fundamentais.

Seguir as regras e cumprir as decisións da Asemblea e a Xunta Directiva.

Cotizar a súa cota anual íntegra cando proceda.

Informar por escrito de calquera cambio de domicilio.

Colaborar coa organización do Centro.

Asistir ás asembleas ordinarias e extraordinarias que se convoquen.

entrevista de trabajo

Como facerse socio/a

Todas as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a centrogalegolondres@gmail.com indicando o seu nome, enderezo, número de teléfono e correo electrónico, e ser aceptadas pola Xunta Directiva. Así mesmo, deberán aboar a cota anual íntegra aprobada pola asemblea.

 

Establécese como ano financeiro o ano natural (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro). Os carnés de socio/a deberán renovarse, como máximo, dentro dos 30 días posteriores á data de caducidade.

 

Ademais de poder utilizar as instalacións e participar nas actividades organizadas pola entidade de forma gratuíta ou preferente (con desconto), as persoas socias terán dereito aos seguintes beneficios:

​

​

  • 15% de desconto no bar/restaurante.

  • Descontos nas entidades protectoras.

bottom of page